Vicente Risco
Vicente Martínez Risco y Agüero (Ourense, 1884-1963), foi intelectual galego do século XX, membro da xeración Nós. E un home procedente dunha familia acomodada, dun grande nivel cultural, cuxa aportación á literatura galega asentou as bases do nacionalismo galego e da nova narrativa galega.
O pensamento político de Risco baséase na crítica á modernidade, considerada como decadencia e abandono das formas de vida máis puras e lexítimas, ao tempo que exalta a irracionalidade, o misticismo e a relixiosidade popular, por iso mesmo rexeitará a literatura realista. Risco tamén despreza a civilización mediterránea e defende o celtismo e atlantismo, para o que mirará a Portugal e en especial Irlanda polo seu catolicismo e pola loita vitoriosa contra do imperialismo inglés. A Galicia verdadeira, para Risco, é a tradicional, a dos labregos e mariñeiros, e esa a Galicia na que se garda a esencia da raza, o sentimento relixioso da Terra. En 1920, Vicente Risco publica a Teoria do nacionalismo galego, onde se recolle que a nación é un factor natural, biológico e independente da vontade dos homes. Tamén salienta que a terra e a raza dan lugar a unha língua e cultura propias. Entón, segundo el, non existe a nación española, senón un conxunto de naións.
Alfredo Brañas
Alfredo Brañas Menéndez: Orador, entusiasta, economista, cultísimo, que consagrou a súa ciencia ó benestar dos seus compatriotas." 1859 - 1900
Brañas é o creador da teoría do rexionalismo galego. É un líder de forte personalidade e ó redor da súa persoa foise desenvolvendo un movemento que se inicia practicamente coa Grande Obra de Antolín Faraldo. Castelao defíneo como gran patriota e home extraordinario. Brañas naceu en Carballo (A Coruña) o 11 de xaneiro de 1859. Alí pasou moi pouco tempo porque o seu pai se trasladou a Cambados (Pontevedra), onde transcorrerá parte da súa nenez. En Cambados fixo un importante labor social, en favor dos mariñeiros; alí inspirouse para moitas das súas obras e incluso O Avellón, polo que tiña de relato vivido. En 1869 inicia o bachalerato en Santiago de Compostela e, despois pasou á Universidade Compostelana, onde se licenciou en Dereito. En 1885 realizou en Madrid os exercicios do Doutorado, cando xa era Secretario Xeral da Universidade de Santiago de Compostela, cargo no que fora nomeado no ano anterior, cesando en 1885. Como Secretario Xeral fixo un excelente labor, reorganizando a secretaría, redactando o regulamento provisional e publicando unha Memoria-Anuario do Curso 1883-1884, con grande alarde estatístico. Foi profesor interino da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela e logo profesor auxiliar e substituto desde 1885, para obter a cátedra de Dereito Natural da Universidad de Oviedo en 1887. Ó ano seguinte retornou a Galicia, como catedrático de Economía Política da Universidade de Santiago de Compostela.O xornalismo ofreceulle unha tribuna interesante e atractiva, escribindo para El Porvenir ata que en 1881 se refunde con El Libredón, dirixido por Brañas desde 1885 ata o 1 de maio de 1887. El Pensamiento Gallego, Pensamiento Galaico e Pensamiento de Galicia foron distintos nomes que recibiu o xornal ó que tan vencellado estivo Brañas. A producción xornalística de Brañas é moi grande. El Eco de Santiago, La Gaceta de Galicia, El País Gallego e os anteriormente citados foron marco habitual para o desenvolvemento do seu pensamento. Alfredo Brañas escribiu numerosos poemas en galego e en castelán. Borradores de versos e La Eternidad foron libros publicados en 1881. En 1880 asina a súa Oda a Don Pedro Calderón de la Barca. Na Revista de Galicia publicou (1880) o seu poema "Lamento". Brañas faleceu ós corenta anos de idade, en Santiago de Compostela, o día 22 de febreiro de 1900. Foi soterrado no cemiterio do Rosario e pasou logo ó Panteón de Galegos Ilustres, en san Domingos de Bonaval en Santiago de Compostela e na súa tumba pódese ler a seguinte inscrición: "Aquí yaz Alfredo Brañas, bo cristiano, agarimo da terra gallega, sabido maeso na Escola compostelana. Deus o teña no ceo . Naceo janeiro 11-1859. Finou febreiro 21-1900". Brañas foi un pensador e un líder católico.
Manuel Murguía
Manuel Antonio Martínez Murguía naceu en Oseiro-Arteixo en 1833. É o máis destacado impulsor do noso Primeiro Rexurdimento.En contacto desde a súa mocidade co provincialismo, Murguía, de ideoloxía romántico-liberal, chegaría a ser co paso do tempo unha figura clave do movemento rexionalista.Participou nos Xogos Florais de Barcelona de 1890 pronunciando un discurso sobre a historia do rexionalismo galego e, a finais dese ano, foi nomeado presidente da Asociación Rexionalista Galega (ARG), a primeira organización política de signo decididamente galeguista, e director do seu xornal, La Patria Gallega. Nos Xogos Florais de Tui de 1891, organizados pola ARG, faríase reivindicación do uso público do galego, lingua en que Murguía pronunciaría o discurso inaugural.
Manuel Murguia xunto con otros pensonaxes escindiu o ideal rexionalista en tres tendencias:
Rexionalismo liberal, vinculaba estreitamente os seus proxectos de descentralización ós principios demoliberais clásicos, que a restauración e “a soberanía compartida” falsearon e degra-daron en “oligarquía e caciquismo”.
Rexionalismo federal, postulaba unha “descentralización” radical de tipo federativo, plasmada no proxecto de Constitución para o futuro Estado Galego que se manifestaba decididamente democratizada da vida política do pais a través dunha mili-tancia anticaciquil, o reforzamento do parla-mentarismo e a superación do sistema de partidos vixente.
Rexionalismo de corte católico-tracionalista, en profunda rotura cos deseños anteriores, baixo a dirección de Alfredo Brañas, non contemplaba a presencia de poder lexislativo galego, pero foi un inspirador férreo da loita contra o caciquismo e defensor apaixonado das especificidades galegas, sobre todo, dos seus modo de producción tradicional.
A nosa identidade
Os símbolos como son a bandeira ou o himno en cuestión de identidade nacional representan un papel moi importante. Non é necesaria a creación destes símbolos só para unha nación. Hai
Estados que tamén teñen símbolos como por exemplo Gales. Os monumentos ou os nomes das ruas tamén son unha forma de identificación dunha nación. Unha nación ou Estado promove os seus ideais políticos a traves dos monumentos, símbolos ou nomes das rúas. Nese traballo de fomentar que o indivíduo se sinta parte dun determinado colectivo, a historia xoga un papel moi importante como elemento legalizador.
Os carrilanos
Un cento de quilómetros de trazado ferroviario entre Puebla Sanabria e Ourense,que recobran hoxe protagonismo foron o escenario dunha epopea de milleiros de persoas que sen medios e cuns custos humanos altísimos traballaron de 1926 a 1956 baixo gobernos monárquicos, republicanos e dúas ditaduras para acadar por fin a conexión polo sur de Galicia con Castela.
Dos 142 quilómetros que atravesan o sur das serras do gran macizo de Manzaneda, unha terceira parte discorren baixo terra, e nos dez quilómetros que van de Vilar de Barrio a Alberguería existen quince túneis. Só para salvar a portela do Padornelo hai que furar 5.949,18 metros, aínda hoxe o túnel aberto ao ferrocarril máis longo da Península. É tan longo que para facilitar o traballo abriron na metade un pozo de 234 metros desde o exterior da montaña.
Xornadas sen fin nunha escuridade casi absoluta fronte á que pouco podían os candís de carburo; explosións dos barrenos, po, derrubes, retirada dos escombros en vagonetas tiradas por mulos; marchas diarias que chegaron a ser de seis quilómetros de ida e outros tantos de volta só para chegar ao lugar de traballo; mala comida, roupa cativa, descanso ás veces en barracóns de sesenta ou máis persoas sobre conchonetas...unha chea de miserias que mostran a situación de Galicia naquela época.
A cultura castrexa
Durante a idade de ferro desenvolveuse en Galicia a cultura castrexa que abrangue máis de mil anos de historia xa que abarca dende o século VI a.C. ata o VI d.C. Para o coñecemento desta cultura dispomos de fontes tan diversas como as escavacións arqueolóxicas, a análise das fontes epigráficas artísticas e as fontes literarias dos autores clásicos.Dende os inicios da historia o celtismo foi un dos trazos fundamentais sobre as reflexións referentes ó pasado de Galicia.Os celtas eran un pobo procedente das beiras do mar Caspio que progresivamente se foron trasladando cara occidente ata penetrar na península ibérica. Este pobo trouxo a tecnoloxía do ferro descoñecida ata o momento pola poboación autóctona.
Respecto á arquitectura, os castros son uns recintos fortificados de forma oval ou circular, provistos de un ou varios muros concéntricos e situados nos cumios das montañas que os nosos antepasados empregaban para defenderse. En Galicia existen entre 2000 e 2500 castros repartidos de xeito irregular por todo o territorio. A pervivencia dos castros como lugar de asentamento da poboación ven confirmada pola intensa tradición folclórica que os castros suscitaron na cultura galega.
A economía castrexa era moi rica. Ademáis da agricultura e da gandería, practicaron o marisqueo e a pesca nas zonas litorais. Tamén explotaban as minas e mantiñan frecuentes intercambios comerciais. A agricultura era de base cerealística (millo e trigo),plantas leguminosas (fabas e chícharos). Para cultivar dispuñan de instrumentos agrícolas como fouces, aixadas e muíños de man. En canto a gandería compre distinguir entre gando doméstico (cabras,ovellas porcos...) e salvaxe (porcos bravos e cervos).
A estructura social da época castrexa tiña unha estructura diferene ao resto da península.Organizábanse por lazos de sangue e non por ningunha outra estructura politica.
Respecto a relixiosidade no mundo castrexo era moi intensa. No panteón castrexo existían máis de un cento de deuses. As prácticas relixiosas eran moi frecuentes e moitas veces implicaban sacrificios de animais e mesmo de persoas.
Megalitismo
A cultura megalítica abarca dende o VI milenio a.C. ata o 2000 a.C.
As súas áreas de influencia son Galicia, norte de Portugal, Asturias, norte de León e Zamora. Denomínase cultura megalítica o tránsito dunha cultura depredatoria e recolectora a unha productora. O megalitismo en Galicia desenvólvese durante o III milenio a.C. Os monumentos máis abundantes desa época son os sepulcros colectivos que eran de reducidas dimensións se os comparamos con outras culturas megalíticas. A sociedade estaba pouco xerarquizada polo que podía considerarse igualitaria. Estaba asentada de forma dispersa polo territorio.
Posuían unha economía centrada na agricultura cultivando cereais e leguminosas pero con técnicas pouco evolucionadas, polo que a completaban coa caza e recolección. Respecto a actividade pastoril consistía na cria de bois, porcos, cabras, ovellas...
A cultura megalítica en Galicia comeza a esmorecer a finais do III milenio.
A difusión da industria metalúrxica en Galicia asóciase a cultura do vaso campaniforme e tivo enormes consecuencias: proporcionou os intercambios comerciais e estructuras sociais xerarquizadas.